Ante o próximo inicio da campaña de vacinación da COVID 19, faise necesaria a correcta identificación do colectivo de MUGEJU para a súa fácil localización por parte da administración sanitaria que resulte responsable da mencionada vacinación.
Nesta liña, desde MUGEJU consideramos imprescindible que se realice unha actualización urxente dos datos de mutualistas e beneficiarios adscritos a asistencia médica concertada con compañías privadas de seguro, en primeiro lugar, aproveitando tamén para actualizar os datos de contactos de todos os mutualistas e beneficiarios, en xeral.
Para iso, nunha primeira fase, os mutualistas que non teñan actualizados os seus datos persoais ou os dos seus beneficiarios en MUGEJU, deben proceder a modificar ou completar os mesmos, accedendo para iso á sede electrónica de MUGEJU na seguinte ligazón: https://sedemugeju.gob.es/datos-persoais.
Máis adiante, e no caso de resultar necesario, MUGEJU porase en contacto co colectivo afectado polas distintas fases de vacinación, facilitando na medida do posible medios alternativos de actualización dos seus datos.