COMO SOLICITAR ESTA PRESTACIÓN
Pode facelo por Internet: a través da pestana En liña.
Tamén pode facelo de forma presencial, como describe a pestana Presencial.
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR
-
Renda da unidade familiar:
-
Última declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, ou no seu caso comunicación emitida ou liquidación virada para efectos de devolución pola administración tributaria. Se non existe obriga de declarar, certificación da administración tributaria acreditativa de non presentar a declaración e das imputacións íntegras de ingresos que consten na administración tributaria.
-
Declaración responsable das pensións ou prestacións percibidas que estean exentas ou que non estean suxeitas a tributación polo Imposto da Renda das Persoas Físicas.
-
-
Documentación complementaria:
-
Nos supostos de primeira hospitalización ou de nova hospitalización tras alta hospitalaria: informe do psiquiatra no que conste a patoloxía do paciente, as causas que provocaron a hospitalización e a duración prevista da mesma.
-
Informe anual do psiquiatra sobre o curso da enfermidade, no suposto de continuidade da hospitalización.
-
Factura orixinal do centro hospitalario, na que conste o número de días de hospitalización.
-
NORMATIVA
-
Resolución do 19 de decembro de 2012 (B.O.E. do 29 de decembro de 2012), da Mutualidade Xeral Xudicial, regula a axuda por hospitalización psiquiátrica para mutualistas adscritos aos Servizos Públicos de Saúde das Comunidades Autónomas
-
Resolución do 9 de xaneiro de 2013 (B.O.E. do 29 de xaneiro de 2013), da Mutualidade Xeral Xudicial, pola que se corrixen erros na do 19 de decembro de 2012
-
Resolución do 29 de xaneiro de 2013 (B.O.E. do 20 de febreiro de 2013), da Mutualidade Xeral Xudicial, pola que se corrixen erros na do 19 de decembro de 2012
Para solicitar esta prestación debe estar dado de alta como mutualista da Mutualidade Xeral Xudicial. A identificación realizarase mediante o sistema Cl@ve, polo que deberá estar dado de alta nese sistema ou ben dispor de dni-electrónico dni-electrónico ou un dos certificados dixitais admitidos pola sede electrónica.
- Para solicitar a prestación, pulse o botón Iniciar Trámite.
- Se solicitou a prestación e a Mutualidade solicitoulle que achegue algún documento, utilice o Servizo de remisión de documentación.
As persoas mutualistas en activo deben realizar as solicitudes de trámites de MUGEJU a través de medios electrónicos, conforme ao disposto no artigo 14.2 e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As persoas mutualistas xubiladas ou aquelas que xustifiquen problemas de acceso aos medios electrónicos poden presentar a súa solicitude presencialmente nas oficinas de MUGEJU, ou en calquera dos demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Na sede central de Madrid e na delegación de Barcelona recoméndase pedir cita previa para garantir un mellor servizo.
