COMO SOLICITAR ESTAS AXUDAS
Pode facelo por Internet: a través da pestana En liña.
Tamén pode facelo de forma presencial, como describe a pestana Presencial.
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR
-
Se non autoriza á Mutualidade Xeral Xudicial para consultar os seus datos de identidade: Fotocopia do DNI.
-
Nos casos de parto múltiple: Libro de familia ou certificado da inscrición dos fillos no Rexistro Civil.
-
Nos casos de adopción ou acollemento múltiple: Resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou resolución administrativa ou xudicial pola que se concede a acollida familiar, tanto preadoptiva como permanente.
-
No caso de adopción ou acollemento de menores de idade, con 7 ou máis anos, con discapacidade: Certificación de cualificación de minusvalía, expedida polo IMSERSO ou Organismo competente de cada Comunidade Autónoma.
-
No caso de adopción ou acollemento de menores de idade, con 7 ou máis anos, que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por provir do estranxeiro teñan dificultades especiais de inserción social e familiar: Certificación da entidade pública competente en materia de protección de menores, acreditativa das especiais dificultades de inserción social e familiar.
NORMATIVA
Artigos 111 ao 117 do Regulamento do Mutualismo Xudicial, aprobado por Real Decreto 1026/2011, do 15 de xullo. (BOE 04/08/2011).
Para solicitar esta prestación debe estar dado de alta como mutualista titular. A identificación realizarase mediante o sistema Cl@ve, polo que deberá estar dado de alta nese sistema ou ben dispor de dni-electrónico dni-electrónico ou un dos certificados dixitais admitidos.
- Para solicitar a prestación, pulse o botón Iniciar Trámite.
- Se solicitou a prestación e a Mutualidade solicitoulle que achegue algún documento, utilice o Servizo de remisión de documentación.
As persoas mutualistas en activo deben realizar as solicitudes de trámites de MUGEJU a través de medios electrónicos, conforme ao disposto no artigo 14.2 e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As persoas mutualistas xubiladas ou aquelas que xustifiquen problemas de acceso aos medios electrónicos poden presentar a súa solicitude presencialmente nas oficinas de MUGEJU, ou en calquera dos demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Na sede central de Madrid e na delegación de Barcelona recoméndase pedir cita previa para garantir un mellor servizo.
